| [ Anterior ] | [ Indice ] | [ Seguinte ] |
Cando instales Linux tes que construir un novo kernel. Le, e traduce de paso ;-), The Linux Kernel HOWTO se isto é novo pra ti. Tes que incluir soporte pró sistema de ficheiros UFS (só lectura) e soporte pró etiquetado de discos BSD (táboas de partición FreeBSD):
UFS filesystem support (read only) (CONFIG_UFS_FS) [N/y/m/?] y BSD disklabel (FreeBSD partition tables) support (CONFIG_BSD_DISKLABEL) [N/y/?] (NEW) yInstala o novo kernel e reinicia. Borra calquera liña que inclúa a verba swap do teu ficheiro
/etc/fstab se fixeches unha partición swap pra Linux. Asegúrate de ter disquete de arranque de Linux co novo kernel. Agora estás preparado pra instalar FreeBSD.
fdisk). Presta atención á orde das particións no slice FreeBSD. Se utilizas o etiquetado por defecto a segunda partición será a partición swap. Completa a instalación de FreeBSD e reincia en Linux usando o novo disquete de arranque Linux.
dmesg cando inicies Linux. Na saída deberías ver algo coma isto:
Partition check: hda: hda1 hda2 hda3 hda4 < hda5 hda6 hda7 hda8 >Isto significa que
/dev/hda4 é o teu slice FreeBSD, namentres que /dev/hda5, /dev/hda6, /dev/hda7 e /dev/hda8 son as particións FreeBSD. Se a túa partición swap é a segunda partición no slice, será /dev/hda6.
Tes que poñer a seguinte liña no teu ficheiro /etc/fstab de Linux pra habilitar a partición swap:
/dev/hda6 none swap sw 0 0Aínda que FreeBSD pode utilizar calquera tipo de partición coma espacio de intercambio, Linux precisa dunha sinatura especial na partición swap. Esta sinatura faise por
mkswap. FreeBSD arruina esta sinatura cando utiliza a partición swap compartida, así que terás que executar mkswap cada vez que inicies Linux. Pra facer isto automaticamente tes que atopar o script que executa swapon ó arranque. En Red Hat Linux é /etc/rc.d/rc.sysinit. Pon a seguinte liña nese ficheiro xusto antes de swapon -a:
awk -- '/swap/ && ($1 !~ /#/) { system("mkswap "$1"") }' /etc/fstab
Isto executará mkswap en calquera partición swap de /etc/fstab cada vez que inicies agás se están comentadas (tendo "#" coma o primeiro caracter na liña).
Executa free pra chequear o tamaño do espacio de intercambio cando reinicies en Linux. Deberías tamén reiniciar en FreeBSD pra asegurarte de que todo funciona coma agardabas. Se non é así, probablemente usaches a partición equivocada coma partición swap. A única solución a ese problema é reinstalar FreeBSD e intentalo de novo. A experiencia é unha grande mestra. :o)
| [ Anterior ] | [ Indice ] | [ Seguinte ] |